Obxectivos
A posta en marcha deste título enmárcase dentro dos obxectivos do Plan Estratéxico da Universidade de Vigo. De modo particular, entendemos que se enmarca nos labores de tres metas estratéxicas:
- En primeiro lugar, no cumprimento da Meta Estratéxica número 2, de consolidación dunha oferta formativa especializada e diferenciada. Dentro desta Meta Estratéxica, na Liña Estratéxica 2.1, de adaptación da docencia ofertada pola Universidade de Vigo ás demandas da contorna. Consideramos que a oferta formativa que propoñemos achega á contorna local unha especialización única e, en boa medida, exclusiva, desde a educación pública.
- En segundo lugar, no cumprimento da Meta Estratéxica número 3, de procura dunha universidade con procesos de ensino-aprendizaxe orientados á formación integral de profesionais. En concreto, na súa Liña Estratéxica 3.3, de ampliación do plan de prácticas dos estudantes en empresas, institucións e organizacións. No proceso previo de preparación deste título tívose en conta a inserción laboral dos futuros titulados, ofrecendo no posible a realización de prácticas e o achegamento á demanda profesional dos coñecementos ofertados.
- Por último, no cumprimento da Meta Estratéxica número 7, de procura dunha universidade aberta, conectada coa súa contorna e valorada socialmente. Tívose en conta a demanda formativa, social e económica da contorna no deseño da oferta formativa, para asegurarse que a oferta final ofrecida responda a esa demanda social e teña unha valoración positiva na contorna da nosa universidade.
Competencias
Competencia básica 1 (CB11)
Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e dos métodos de investigación relacionados con este.
Competencia básica 2 (CB12)
Capacidade de concibir, deseñar ou crear, poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.
Competencia básica 3 (CB13)
Contribución á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.
Competencia básica 4 (CB14)
Realización dunha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
Competencia básica 5 (CB15)
Capacidade de comunicarse coa comunidade académica e científica, e coa sociedade en xeral, sobre os seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.
Competencia básica 6 (CB16)
Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, do avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.
Capacidade 1 (CA01)
Desenvolverse en contextos nos que hai pouca información específica.
Capacidade 2 (CA02)
Encontrar as preguntas claves que hai que responder para resolver un problema complexo.
Capacidade 3 (CA03)
Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos novidosos e innovadores no seu ámbito de coñecemento.
Capacidade 4 (CA04)
Traballar tanto en equipo como de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinario.
Capacidade 5 (CA05)
Integrar coñecementos, enfrontarse á complexidade e formular xuízos con información limitada.
Capacidade 6 (CA06)
A crítica e defensa intelectual de solucións.
Posuír coñecementos na fronteira do coñecemento nun ámbito relacionado coa temática do programa de doutoramento.
Competencia xeral 3 (CG2)
Capacidade para deseñar un proxecto de investigación.
Competencia xeral 3 (CG3)
Ser capaz de divulgar os coñecementos científicos do ámbito do programa de doutoramento, achegando a ciencia ao público en xeral.
Coñecer os principais métodos de síntese de coloides así como os seus mecanismos de estabilización máis habituais.
Competencia específica 2 (CE2)
Ser capaz de utilizar e aplicar as técnicas experimentais para a caracterización de coloides e nanopartículas.
Competencia específica 3 (CE3)
Ser capaz de fabricar nanomateriales biofuncionales así como coñecer e aplicar as súas principais propiedades.
Competencia específica 4 (CE4)
O alumno debe coñecer a reactividade en agregados coloidais e saber utilizar a nanocatálise.
Competencia específica 5 (CE5)
Coñecer e utilizar modelos teóricos que simulen a síntese e o autoensamblaxe de sistemas coloidais.
Competencia específica 6 (CE6)
Ser capaz de divulgar a propia investigación en publicacións referenciadas a nivel internacional.
Competencia específica 7 (CE7)
Ser capaz de realizar unha investigación científica orixinal que supoña un avance na ciencia dos coloides.
Ser capaces de elaborar informes científicos para empresas ou organismos.
Competencia transversal 2 (CT2)
Capacidade de integración, colaboración e traballo en equipo.
Competencia transversal 3 (CT3)
Ser capaz de expoñer os seus traballos científicos en congresos internacionais.
Capacidade de síntese.